Mostrando entradas con la etiqueta Numeración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Numeración. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de mayo de 2017

COCIÑANDO E APRENDENDO A ESCRIBIR NÚMEROS



Ratos con queixiños. 

A semana pasada disfrutamos moitísimo cociñando. E, ademais de disfrutar, aprendemos. 

O primeiro, foi facer a lista da compra: 


Sen embargo, a última hora cambiamos algúns dos ingredientes: as salchichas por xamón, os lacasitos por arándanos e o rábano por gulas. 



Nas seguintes imaxes podedes comprobar todo o proceso que seguimos: 







E o levamos de merenda para tomar en casa coa familia!





lunes, 3 de abril de 2017

domingo, 5 de marzo de 2017

NO PAZO DAS BOLAS



Xogamos cos números. 

A partir dos números un, tres e seis escribimos palabras reais ou inventadas. 

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

domingo, 5 de febrero de 2017

XOGANDO COS NÚMEROS



A construír palabras. 

Os proxectos de Scratch (Aventuras no País dos números e Aventuras no País dos números - 2) resultaron unha grande motivación para Lucas, que se lanzou con entusiasmo a practicar con eles.




Pero despois de recoñecer a escritura dos números tiñamos que avanzar na comprensión do mecanismo da escritura. É dicir, transferir o recoñecemento dos fonemas a outras palabras.

Así que se me ocurríu traballar coa canción "Tengo una hormiguita en la tripita", na que, en cada estrofa, pronunciamos unha soa vogal (a primeira vez co A, a segunda co E, a terceira co I...).

Tras iso, fixemos un dictado con dous dos números traballados: UNO e TRES, pero cambiando as vogais.




E por último, un traballo sobresaínte: mesturar estas sílabas traballadas para formar palabras novas. 



Parabéns, Lucas!






domingo, 22 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS - 2



Seguimos traballando a numeración con Scratch. 

Nesta ocasión trasladámonos á Era dos Dinosaurios, o que nos sirve para traballar ata o número 13.

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

miércoles, 4 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS



Traballando a numeración con Scratch. 

Despois das actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre, tentaremos crear unha historia coa que traballar a numeración dun xeito máis lúdico. Scratch resulta unha ferramenta moi útil e atractiva: tanto practicaremos a competencia matemática (lóxica e escritura numéricas) como a comprensión oral e escrita. 

Neste primeiro capítulo, que se desenvolve no fondo do mar, traballaremos os números dende o cero ata o oito (aínda que nos quedarán pendentes para outra ocasión o dous e o sete). 

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

sábado, 31 de diciembre de 2016

O LIBRO DOS NÚMEROS


O resultado dun traballo de semanas. 

Isto que semella tan doado non o é tanto. Durante semanas estivemos a traballar a escritura dos números: relacionando as grafías co texto, aprendendo a escribilos e a lelos. 

Para esta actividade empregamos a app Book Creator. Iso nos ten permitido ser máis competentes no manexo das novas tecnoloxías. Porque, unha vez aprendida a mecánica, o alumno ten sido o propio artífice do traballo.






Neste vídeo podemos comprobar o resultado do traballo. 


lunes, 12 de diciembre de 2016

APRENDENDO A LER E ESCRIBIR OS NÚMEROS


Do 1 ó 20. 

Ler e escribir os números non é tan sinxelo como parece. Así que artellamos varios xogos para traballar con eles: 
  1. No encerado, relacionar cada número coa súa escritura. 
      2. No ipad, creamos o noso libro dos números, empregando Book Creator.


       3. Con tarxetas, ordeamos as letras de cada número.