Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas

domingo, 22 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS - 2



Seguimos traballando a numeración con Scratch. 

Nesta ocasión trasladámonos á Era dos Dinosaurios, o que nos sirve para traballar ata o número 13.

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

miércoles, 4 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS



Traballando a numeración con Scratch. 

Despois das actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre, tentaremos crear unha historia coa que traballar a numeración dun xeito máis lúdico. Scratch resulta unha ferramenta moi útil e atractiva: tanto practicaremos a competencia matemática (lóxica e escritura numéricas) como a comprensión oral e escrita. 

Neste primeiro capítulo, que se desenvolve no fondo do mar, traballaremos os números dende o cero ata o oito (aínda que nos quedarán pendentes para outra ocasión o dous e o sete). 

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

sábado, 31 de diciembre de 2016

O LIBRO DOS NÚMEROS


O resultado dun traballo de semanas. 

Isto que semella tan doado non o é tanto. Durante semanas estivemos a traballar a escritura dos números: relacionando as grafías co texto, aprendendo a escribilos e a lelos. 

Para esta actividade empregamos a app Book Creator. Iso nos ten permitido ser máis competentes no manexo das novas tecnoloxías. Porque, unha vez aprendida a mecánica, o alumno ten sido o propio artífice do traballo.






Neste vídeo podemos comprobar o resultado do traballo. 


lunes, 19 de diciembre de 2016

APRENDE MOITAS COUSAS SOBRE O CARBALLO




O vídeo.

Nun post anterior relatamos o proceso que nos levou a crear unha sinxela publicación sobre o carballo. E despois de escribir, tocou ler o escrito. 

A app Book Creator permítenos incorporar son e, con todo, crear un vídeo. Pois este que vedes é o resultado final. 

Estamos moi orgullosos!