domingo, 5 de febrero de 2017

XOGANDO COS NÚMEROS



A construír palabras. 

Os proxectos de Scratch (Aventuras no País dos números e Aventuras no País dos números - 2) resultaron unha grande motivación para Lucas, que se lanzou con entusiasmo a practicar con eles.




Pero despois de recoñecer a escritura dos números tiñamos que avanzar na comprensión do mecanismo da escritura. É dicir, transferir o recoñecemento dos fonemas a outras palabras.

Así que se me ocurríu traballar coa canción "Tengo una hormiguita en la tripita", na que, en cada estrofa, pronunciamos unha soa vogal (a primeira vez co A, a segunda co E, a terceira co I...).

Tras iso, fixemos un dictado con dous dos números traballados: UNO e TRES, pero cambiando as vogais.




E por último, un traballo sobresaínte: mesturar estas sílabas traballadas para formar palabras novas. 



Parabéns, Lucas!