domingo, 22 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS - 2



Seguimos traballando a numeración con Scratch. 

Nesta ocasión trasladámonos á Era dos Dinosaurios, o que nos sirve para traballar ata o número 13.

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas. 

miércoles, 4 de enero de 2017

AVENTURAS NO PAÍS DOS NÚMEROS



Traballando a numeración con Scratch. 

Despois das actividades desenvolvidas durante o primeiro trimestre, tentaremos crear unha historia coa que traballar a numeración dun xeito máis lúdico. Scratch resulta unha ferramenta moi útil e atractiva: tanto practicaremos a competencia matemática (lóxica e escritura numéricas) como a comprensión oral e escrita. 

Neste primeiro capítulo, que se desenvolve no fondo do mar, traballaremos os números dende o cero ata o oito (aínda que nos quedarán pendentes para outra ocasión o dous e o sete). 

Unha advertencia: aínda que o programa está expresado en galego, deberemos introducir os números en castelán, para que as respostas sexan correctas.