sábado, 31 de diciembre de 2016

O LIBRO DOS NÚMEROS


O resultado dun traballo de semanas. 

Isto que semella tan doado non o é tanto. Durante semanas estivemos a traballar a escritura dos números: relacionando as grafías co texto, aprendendo a escribilos e a lelos. 

Para esta actividade empregamos a app Book Creator. Iso nos ten permitido ser máis competentes no manexo das novas tecnoloxías. Porque, unha vez aprendida a mecánica, o alumno ten sido o propio artífice do traballo.






Neste vídeo podemos comprobar o resultado do traballo. 


lunes, 19 de diciembre de 2016

APRENDE MOITAS COUSAS SOBRE O CARBALLO




O vídeo.

Nun post anterior relatamos o proceso que nos levou a crear unha sinxela publicación sobre o carballo. E despois de escribir, tocou ler o escrito. 

A app Book Creator permítenos incorporar son e, con todo, crear un vídeo. Pois este que vedes é o resultado final. 

Estamos moi orgullosos!

jueves, 15 de diciembre de 2016

INVESTIGANDO SOBRE O CARBALLO



Partindo do xardín do colexio e rematando na Biblioteca. 

Este que vedes é o resultado do noso primeiro traballo conxunto. Unha tarefa que levou o seu tempo e o seu esforzo, e na que os tres participamos na medida das nosas posibilidades.

O magnífico tempo co que comezou o outono permitíunos pasear polo xardín do colexio e observar as árbores e os froitos propios desta estación.


(Preme na imaxe para ver a colección de fotos)


Pero como o noso tempo é escaso, decidimos centrármonos no rei do bosque: o carballo. Ángel descríbenos, a continuación, o proceso que seguimos na nosa investigación.
  1. Fuimos al jardin. Sacamos fotos y escribimos el nombre de los árboles que vimos.

       2. Cogimos hojas y frutos.


      3. Pintamos las huellas de las cortezas.


      4. Utilizamos libros de la  biblioteca para buscar información.


      5. Escribimos  datos en un folio.

      6. Los ordenamos.

      7. Lo escribimos en el ipad con la aplicacion Book Creator.


       8. Le añadimos fotos y le pusimos voz.

       9. Fuimos a la biblioteca a apuntar la bibliografia.


      10. Y lo contamos en el  blog.

E, finalmente, aquí está "o libro". 



lunes, 12 de diciembre de 2016

APRENDENDO A LER E ESCRIBIR OS NÚMEROS


Do 1 ó 20. 

Ler e escribir os números non é tan sinxelo como parece. Así que artellamos varios xogos para traballar con eles: 
  1. No encerado, relacionar cada número coa súa escritura. 
      2. No ipad, creamos o noso libro dos números, empregando Book Creator.


       3. Con tarxetas, ordeamos as letras de cada número.